Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto: Roi Casal con “As músicas do Camiño”

Data: 
16/08/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O domingo, 16 de agosto, ás 22 h, terá lugar na Teatro Municipal o concerto “As músicas do Camiño” de Roi Casal. Debido á previsión de choiva foi trasladado ao Teatro Municipal, xa que inicialmente estaba previsto na rúa Compostela. 

Poderán asistir ao concerto 150 persoas tras reservar previamente entrada en www.enterticket.es.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 10 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 45 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.