Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Festival de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

Data: 
23/07/2021
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença acolle o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de xullo de 2021 o I Festival Internacional de Artes de Rúa. É unha iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui subvencionada polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

Serán quince espectáculos e 24 funcións as que na fin de semana se poderán gozar na Eurocidade Tui-Valença dirixidas especialmente a público familiar. 

O I Festival Internacional de Artes de Rúa desenvólvese na Eurocidade Tui-Valença. Os espectáculos, con capacidade limitada segundo o lugar, desenvolveranse en seis espazos, tres en Tui e tres en Valença.

  • Paseo da Corredoira, Tui | 120 persoas
  • Praza do Concello, Tui | 60 persoas
  • Paseo Fluvial, Tui | 240 persoas
  • Jardim das Amoreiras, Valença | 60 persoas
  • Jardim Municipal, Valença | 200 persoas
  • Largo do Governo Militar, Valença | 50 persoas

A reserva das entradas, de forma gratuíta, realizarase dende o mércores, 21 de xullo, ás 12 hora española, en www.tui.gal e en www.visitvalenca.com. Máximo 2 entradas por persoa.

O acceso aos espectáculos realizarase dende 30 minutos antes do inicio.  As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa.

En caso de choiva, ás 13 h do día do evento, comunicarase nas redes sociais municipais, o seu traslado, aprazamento ou suspensión.

ENTRADAS

Programación

Proceso de reserva:

Pódense reservar un máximo de 2 prazas por operación, débese marcar o número de espectadores e dar a continuar. Logo débesen cubrir os datos de cada un dos espectadores. As reservas poden realizarse até 30 minutos do inicio do espectáculo ou até esgotar as localidades dispoñibles. 

RESERVA DE ENTRADAS

Venres, 23 de xullo

Ás 15.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Antón Coucheiro presenta “Sonámbulo”.  Aforo 60 persoas.  Entradas SUSPENDIDO POLA CHOIVA

Ás 16.30 h no auditorio da ESCE  en Valença Arsenio Baruffi con “My Shoes”. Aforo 50 persoas Entradas

Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante Farra Fanfarra

Ás 18.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Fredi&Cia presenta “Circanelo”. Aforo 60 persoas. Entradas

Ás 20.30 h no pavillón do IES San Paio  Antón Coucheiro presenta “Sonámbulo”.  Aforo 120 persoas. Entradas

Ás 21.30 h no Paseo da Corredoira Farra Fanfarra. Itinerante.

Ás 22.00 h no Teatro Municipal l Mamá Cabra presenta “A fraga do meu avó”. Aforo 240 persoas.Entradas

Ás 23.00 h no pavillón do IES San Paio Arsenio Barafuti con "My Shoes". Aforo 120 persoas. Entradas

Sábado, 24 de xullo

Ás 15.30 h en Valença  O Pulpiño Viascón con “Musicleta”

Ás 16.30 h na Praza do Concello Fredi&Cia con “Circanelo”. Aforo 60 persoas. Entradas

Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante BrassDass

Ás 18.30 h no Paseo da Corredoira en Tui O Pulpiño Viascón con “Musicleta”. 

CANCELADO Ás 20.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Comedias do Minho con “Fim de tarde” Aforo 60 persoas. 

Ás 21.00 h no Paseo da Corredoira espectáculo itinerante BrassDass.

CANCELADO  Ás 22.00 h no Jardim Municipal de Valença Pedaço Mau en concerto. Aforo 200 persoas.

Ás 22.00 h no Paseo Fluvial A Gramola Gominola con “Bravas. O Rexurdir da Luz”. Aforo 240 persoas. Entradas

Domingo, 25 de xullo

Ás 15.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Pajarito con “A Vida Tola de Pajarito”. Aforo 50 persoas. Entradas

Ás 16.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Troula Animación con “Funky-Party”. 

Ás 17.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Daniel Gonçalves con “Heaven”. Aforo 50 persoas. Entradas

Ás 18.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Clown Nano. Aforo 60 persoas. Entradas

Ás 20.30 h no Paseo da Corredoira Circo Chosco con “Forzu2”. Aforo 120 persoas. Entradas

Ás 21.30 h na Praza do Concello Pajarito con “A Vida Tola de Pajarito”. Aforo 60 persoas. Entradas

Ás 22.00 h no Paseo da Corredoira Troula Animación con “Funky-Party”.   

Ás 23.00 h no Paseo da Corredoira Clown Nano. Aforo 120 persoas. Entradas