Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A exposición “Artistas Tudenses” presenta a obra de trinta creadores artísticos

Undefined

Dende o pasado sábado pódese visitar na Sala Municipal de Exposición, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Artistas Tudenses”. A exposición, organizada polo Concello de Tui, con motivo das festas de san Telmo, recolle unha escolma da obra dunha trintena de artistas tudenses de diversas disciplinas artísticas.

O pregón popular de Luís Zahera abrirá este sábado as Festas de San Telmo 2022

Undefined

Tui celebrará dende este sábado, 16 de abril, e até o luns 25 as festas patronais na honra a San Telmo, declaradas de interese turístico galego.

O inicio da festa virá marcado polo pregón popular da man do actor galego Luís Zahera. O gañador dun premio Goya por “El Reino” abrirá as festas dende o balcón do edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada ás 12.45 h.

Semana Santa

Relixiosidade, tradición e patrimonio van da man esta Semana Santa en Tui coa recuperación dos actos procesionais e da Visita aos Monumentos que marcan o programa destes días baixo a organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui. 

San Telmo 2022 - Luns 25 de abril

Luns 25

  • 10.00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
  • 10.30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
  • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
  • 17.00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.

San Telmo 2022 - Domingo, 24 de abril

Domingo 24

  • 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
  • 12.15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
  • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
  • 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.

San Telmo 2022 - Sábado, 23 de abril

Sábado 23

  • 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
  • 12.00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
  • 13.00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.
  • 17.00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
  • 18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.

San Telmo 2022 - Venres 22 de abril

Venres 22

  • 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con “Saaabor!”.
  • 19.00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
  • 21.00h – 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “O enfermo imaxinario”

 

San Telmo 2022 - Xoves 21 de abril

Xoves 21

  • 17.00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.
  • 20.00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.
  • 21.00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura