Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Conmemoración dos Xogos Florais de Galicia

Data: 
24/06/2022
Lugar: 
Praza de Frómista

O venres, 24 de xuño, ás 20 h na praza de Frómista celebrarase un recital poético co que se conmemorará o CXXXI aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia. Tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 marcando un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.

No recital participará Marta Dacosta, Gonzalo Navaza, Lorena Conde e Marga do Val, acompañados por Marta Quintana que interpretará música de arpa.

Este acto pecha a programación Tui en Letras.