La Canica presenta “Orfeo” este venres no Teatro Municipal
Este venres prosegue a programación de Outono no Teatro Municipal de Tui, coa penúltima proposta deste ciclo. Será coa compañía La Canica e a representación de “Orfeo”, un espectáculo polo que recibiron o Premio “Mellor Proposta dun Clásico” en FETEN 2020, a Feria Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.