Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "Nada ha sido fácil" de Xulio M. Sigüenza

Data: 
9/06/2022
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Até finais de xuño, o anexo da Sala de Exposicións Municipal acolle mostra “Nada ha sido fácil” de Xulio M. Sigüenza.  

Segundo recolle Ana B. Rodríguez Sánchez no catálogo da mostra, trátase “dunha preciosa oportunidade para adentrarse na linguaxe das cousas e das persoas a quen pertenceron, da man dun creador apaixonado pola curiosidade do pasado, polos camiños libres e solitarios, e por todos aqueles lugares onde habita o esquecemento”.   No mesmo catálogo a artista Rosalía Pazo Maside indica que as obras que compoñen a mostra poñen en dialogo o obxectual e o literario con títulos coma “Las palabras de Lázaro” ou “Vender a vaca”. Engade Rosalía Pazo coma todo é resultado dun madurado traballo de creación que “reivindica o recoñecemento de vidas singulares maltratadas pola precariedade, a soidade, o infortunio”.

A mostra poderá visitarse até finais de mes de luns a venres de 8.30 a 13.30 h e de 15.30 a 20.30 h, e os sábados de 9 a 13 h.