Unha homenaxe a Darío Álvarez Blázquez abre a programación do Mes da Memoria Democrática
Cunha homenaxe a Darío Álvarez Blázquez comezou hoxe a programación do Mes da Memoria Democrática.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Cunha homenaxe a Darío Álvarez Blázquez comezou hoxe a programación do Mes da Memoria Democrática.
Dende este xoves, 30 de outubro, unha placa na fachada do Centro de Saúde de Tui lembra a figura de Alejo Diz Jurado, médico dos pobres, home xeneroso e alcalde de Tui entre 1918 e 1922, fusilado na Alameda hai 89 anos.
No acto, incluído no Mes da Memoria Democrática, participaron numerosas persoas.
Cumbia, cha-cha-cha, valses, fox-trot, tango… serán algúns dos bailes protagonistas ao longo desta fin de semana en Tui coa celebración do XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que vai reunir a máis de 600 bailaríns e bailarinas nas distintas modalidades.
Os e as participantes chegarán dende distintos puntos de Galicia e de España coma Mallorca, Extremadura, Cantabria, Canarias, ou Madrid, e tamén de Portugal, mesmo dende Madeira para competir nas distintas probas previstas en dúas xornadas maratonianas o sábado dende ás 10 h e o domingo dende ás 8 h.
Este xoves, 30 de outubro, ás 18.30 h o Concello de Tui, promove un acto de recoñecemento ao doutor Alejo Diz Jurado coa colocación dunha placa na entrada do Centro de Saúde de Tui rememorando a súa dimensión médica, política e humana.
Mañá mércores 29 de outubro, ás 12.00 h, no edificio multiusos da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do XI Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade, proba que forma parte do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo, organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e as Federacións Española, Galega e Portuguesa de Baile Deportivo. Celebrarase este sábado 1 e domingo 2 de novembro, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui.
Un total de nove actividades conforman o programa “Mes da Memoria Democrática” promovido polo Concello de Tui que se vai desenvolver dende mañá sábado, 25 de outubro, até o sábado, 29 de novembro.
Tui celebrará entre o 25 de outubro e o 29 de novembro o Mes da Memoria Democrática. O programa, organizado polo Concello de Tui, conta coa colaboración da Comisión Pola Memorai Histórica do e Levada Libre,
A Axenda Urbana de Tui foi un dos modelos de planificación galegos que foron dados a coñecer no III Foro Urbano de España que se está a celebrar na Coruña.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou onte á tarde nunha mesa sobre As Axendas Urbanas en Galicia xunto á alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os rexedores de Ames, José Blas García, e de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.
Tui foi o punto de partida do I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo da Rede CIFT, Rede de Cruceiros Ibéricos Transfronteirizos, que se celebra esta semana. O programa comezou cunha visita técnica ao conxunto histórico da cidade e ás instalacións do Club Náutico San Telmo. Precisamente neste último punto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, deron a benvida ás persoas participantes nesta iniciativa. No acto participaron tamén o presidente do Náutico, Ramón Docampo, e o representante de COGAMI, Diego Piñeiro.
A alianza entre os concellos de Tui e de Salvaterra de Miño vai permitir o investimento de 7 millóns de euros nestes dous municipios en proxectos que teñen no río Miño o fío condutor. A Área Funcional conformada por este dous municipios é beneficiaria de 4,3 millóns de euros de fondos europeos EDIL.