Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Plan Antifraude - Plan de Prevención, detección, correción e persecución do fraude
O próximo mércores, 4 de maio, comeza en Tui a décimo oitava edición de Play Doc. O festival tudense cumpre a súa maioría de idade volvendo a súa data habitual na primavera, cunha programación con marcado carácter internacional pero sen perder de vista o local e a produción audiovisual galega.
Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non faltarán á cita os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.
Mañá venres, 29 de abril, ás 11 horas, no Teatro Municipal terá lugar a presentación do XVIII Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, que se vai celebrar do mércores 4 ao domingo 8 de maio.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, do director da AGADIC, Jacobo Sutil, da deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.
Tui vivirá unha intensa fin de semana de festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, con actividades culturais, musicais, deportivas, gastronómicas e relixiosas que congregarán a miles de persoas na cidade até o próximo luns, festivo local.
A Oficina de Turismo de Tui ten rexistrado na Semana Santa, entre o venres 8 e o domingo 17 de abril, un total de 1.436 consultas de usuarios que demandaban información na súa visita e estadía na nosa cidade.
Deste total de 1.436 persoas 1.045 eran turistas e 391 peregrinos. Así dos 1.045 turistas atendidos 37 eran visitantes internacionais e 1.008 turistas españois.
O deporte está tamén presente nas Festas de San Telmo. Este sábado celébrase a Carreira Solidaria e o domingo e o luns a Feira Cabalar, dous eventos que foron presentados esta mañá. Na rolda de prensa participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; Laura Solla do Club Atletismo Tui; Elvira Crespo do Club Hípico Equigalia; Jesús Gómez, José López e Rosa Moreira da Asociación Cultural San Roque e Bartolomeu; e Luís Romero da Peña Cabalar Val do Louro.