Concurso cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022
Convocado o Concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocado o Concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022
. Este venres, 25 de febreiro, póñense en funcionamento as rutas do proxecto “Río Miño, un destino navegable” que comparten os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, as cámaras municipais de Valença e Monçao, con Turismo de Galicia e Turismo Porto e Norte.
Mañá martes, 22 de febreiro, ás 12:15 horas, presentarase oficialmente o MUMI 2022 - III ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA E PORTUGAL. O acto terá lugar no vestíbulo do Teatro Municipal de Tui (Edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica (Porta 1) na rúa Colón 2), e contará coa participación de:
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou onte nos actos oficiais organizados pola entidade de Turismo de Porto e Norte de Portugal para a presentación pública da recente aprobación por parte do Goberno de Portugal da certificación do Camiño Portugués da Costa entre Porto e Valença, o que o converte no terceiro itinerario xacobeo delimitado en terras portuguesas.
No mes de xaneiro bateuse récord de visitantes na Oficina Municipal de Turismo de Tui. Case mil persoas demandaron información neste punto, situado aínda na praza de San Fernando, a maior cifra neste mes dende que se teñen rexistros deste servizo municipal.
O vindeiro martes, 22 de febreiro, o Concello de Tui continua coa celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza, nesta ocasión, de dous acreditados representantes do movemento asociativo xacobeo de Portugal e Galicia. Así contarase coa presenza de José Luís Sánches, directivo da Associaçao de peregrinos “Vía Lusitana” e de Begoña Valdomar, vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño Portugués – Agacs.
O Concello de Tui acollerá a próxima semana unha xornada de presentación do programa SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Esta xornada está organizada pola Deputación de Pontevedra e Turismo “Rias Baixas”. Celebrarase o próximo martes, 22 de febreiro, ás 17.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui.
A orquestra da Eurocidade estreouse onte á noite no concerto co que se pecharon as conmemoracións do décimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença. Un evento musical no que a música tendeu novas pontes entre as dúas cidades.
Interpretaron “Alborada Galega” e “Este linho é mourisco” pechando o concerto co “Himno de Europa”.
Tras dez anos de traballo a Eurocidade Tui-Valença afronta novos retos e desafíos para o futuro cos que seguir avanzando na liña de cooperación iniciada hai un década e ampliándoa a máis ámbitos.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o delegado de Zona Franca en Vigo, David Regades, asinaron este mediodía un protocolo de colaboración entre ambas entidades para pór en marcha os estudos que permitirán desenvolver un novo parque empresarial na parroquia tudense de Ribadelouro.