Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a 1ª San Silvestre de Tui que se celebrará o 31 de decembro. Será solidaria coa AACC

29/11/2022

Mañá mércores, 30 de novembro, ás 11.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar” a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración co Protección Civil de Tui, a Policía Local de Tui, Radio Municipal de Tui e diferentes empresas patrocinadoras. Celebrarase  o sábado 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Na rolda de prensa estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, a vicepresidenta do Club Atletismo Tui, Laura Solla, a delegada da Asociación Española contra o Cancro no Baixo Miño, Pilar Barbosa,  así como un representante das empresas patrocinadoras do evento.