Dezasete persoas incorpóranse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos
Hoxe incorporáronse á plantilla do Concello de Tui 17 persoas contratadas a xornada completa, durante 6 meses, o abeiro da subvención da Deputación de Pontevedra, segundo as Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2022-23 publicadas no BOPPO n'úmero 230 do 27/11/21.
En concreto foron contratadas dez persoas coma peóns de horticultura e xardinería e outras cinco persoas traballarán coma operarios de obras. Tamén se incorporou unha persoa coma oficial condutor e outra coma auxiliar administrativo.