Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes 29 terá lugar o acto oficial de clausura da ruta fluvial do Miño

26/11/2022

O Pantalán de Pescadores de Tui acollerá o acto oficial de clausura da ruta fluvial do Miño, no marco do proxecto ‘Río Miño un destino navegable’ do Programa INTERREG V-A España-Portugal [POCTEP] 2014-2020.

O acto estará presidido polos socios do proxecto: os alcaldes das Eurocidades Tui-Valença e Monção-Salvaterra, Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e Turismo do Porto e Norte de Portugal. Ademais, á cita acudirá unha ampla representación de diversos axentes públicos transfronterizos, privados e do terceiro sector vencellados a este importante proxecto.

DATOS DA LOCALIZACIÓN

  • Acto: Acto oficial de clausura da ruta fluvial do Miño
  • Día: Martes, 29 de novembro de 2022
  • Hora: 11.00 h
  • Lugar: Pantalán de Pescadores de Tui

Programa 

Acto oficial de clausura da ruta fluvial do Miño

  • 11.00 | Viaxe en barco a través do río Miño con saída desde o Pantalán de Pescadores de Tui.

Clausura da ruta fluvial do Miño no Centro Interfederado de Tui

  • 12.00 | Presentación da ruta fluvial do Miño e dos resultados do proxecto ‘Río Miño un destino navegable’ do Programa INTERREG V-A España-Portugal [POCTEP] 2014-2020.
  • 12.30 | Intervención de Enrique Cabaleiro, alcalde do Concello de Tui.
  • 12.35 | Intervención de Marta Valcárcel, alcaldesa do Concello de Salvaterra de Miño.
  • 12.40 | Intervención de António Barbosa, presidente da Câmara Municipal de Monção
  • 12.45 | Intervención de José Manuel Carpinteira, presidente da Câmara Municipal de Valença.
  • 12.50 | Intervención da representate da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.
  • 12.55 | Intervención do representante da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
  • 13.00 | Intervención do representante de Turismo do Porto e Norte de Portugal.
  • 13.05 | Proxección do vídeo do proxecto ‘Río Miño un destino navegable’.
  • 13.10 | Peche por parte de Enrique, Cabaleiro, alcalde do Concello de Tui.
  • 13.15 | Peche do acto e posterior aperitivo.