Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O nome de Gustavo Rodríguez figura xa na rúa Olímpicos Tudenses

Undefined

Este mediodía tivo lugar na rúa Olímpicos Tudenses a recolocación da placa cos nomes dos deportistas tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos tras a incorporación do nome de Gustavo Rodríguez Iglesias, medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio en Triatlón PTVI.

Foi o propio Gustavo Rodríguez, acompañado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e membros da corporación municipal, e dos seus pais o encargado de descubrir a placa.

A Mancomunidade do Baixo Miño pon autobuses para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública

Undefined

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos de Tui, A Guarda, O Rosal, e Tomiño, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios. A Mancomunidade porá a disposición da veciñanza transporte público gratuíto para asistir a esta manifestación que se celebrará o vindeiro xoves 30 de setembro ás 20.00 horas dende o PAC de Vigo, na rúa Pizarro. 

En outubro iníciase unha nova temporada do programa “Cultiva a Mente”

Undefined

O programa “Cultiva a Mente” posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, inicia unha nova temporada o próximo mes de outubro. O obxectivo desta iniciativa é promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos  a través de diversas actividades que se desenvolverán até o mes de xuño de 2022 nos centros culturais de 6 parroquias tudenses. 

Tui recibe unha subvención de 600 mil euros do Consello Superior de Deportes para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez

Undefined

O Concello de Tui vén de recibir a comunicación por parte da subdirección Xeral de Promoción e Innovación Deportiva da concesión por parte do Consello Superior de Deportes dunha subvención de 599.863,23€ dentro das axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais do ano 2021 para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. 

O Concello de Tui e a asociación Diversidades Acolle estudan novas vías de colaboración entre ambas entidades

Undefined

O Concello de Tui celebrou esta mañá unha mesa de traballo coa asociación Diversidades Acolle na que abordou a continuidade da colaboración con esta entidade que dende hai ano e medio conta cun Centro de Acollida de Refuxiados na cidade. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a traballadora social, Carmen González, reuníronse con Santiago Álvarez Avión, director, Inma Rodríguez Lago, responsable do centro de acollida de Tui, e con Belén Arranz Núñez, coordinadora de programas. 

50 equipos compiten mañá sábado no 6º Budiño Raid Eurocidade

Undefined

50 equipos participarán mañá a partir das 9 h na Eurocidade tui-Valença no 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª e última proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2021 e Campionato Galego da disciplina. O evento foi presentado esta mañá na casa do Concello de Tui. Está organizado pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía