Respecto polo medio ambiente, seguridade e aforro enerxético obxectivos da nova iluminación nos accesos ao centro urbano
O respecto polo medio ambiente e a loita contra o cambio climático reducindo os gases de efecto invernadoiro que se emiten á atmosfera foron parte dos obxectivos do cambio das luminarias realizado nos accesos ao centro urbano dende Randufe e Guillarei, así coma nas céntricas rúas Compostela, Casal Aboy e Maristas. Déixanse de emitir máis de 51,46 toneladas de C02 a atmosfera ao pasar das lámpadas de vapor sodio á tecnoloxía led. Este cambio conleva amais un aumento na seguridade nestas zonas ao contar cunha iluminación máis eficiente.





