Programación Festas de San Telmo 2019
Programación Festas de San Telmo 2019
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Programación Festas de San Telmo 2019
Tui será un dos concellos que se beneficie do programa Rexurbe da Xunta de Galicia. En concreto o Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, destinará 300 mil euros á adquisición de inmobles situados no conxunto histórico de Tui para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.
Tui mantén a súa aposta por unha festa gastronómica que resalte un produto típico da cidade coma é o meixón do río Miño, e a fai coincidir coas festas patronais na honra a San Telmo. Mantendo a liña iniciada o ano pasado dende mañá, 6 de abril, e ata o 29 deste mes, vaise celebrar en seis establecementos tudenses a Festa do Meixón. Será ao igual que en 2018 no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, e La de Manu, e este ano coma novidade incorpórase o Parador de Turismo San Telmo.
Do 6 ao 29 de abril celébrase en seis establecementos tudenses - Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu e Parador de Turismo San Telmo - a Festa do Meixón. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa, con pan e unha copa de viño da adega Vimbio ao prezo de 55€.
Datas: do sábado 6 ao luns 29 de abril
Establecementos:
Na mañá de hoxe presentouse na casa do concello de Tui o libro “O Teatro de Tui” sobre o Teatro Principal de Tui, que foi editado polo Concello cunha tirada de 500 exemplares, e escrito por membros da extinta Fundación Teatro Principal. No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador, Suso Vila.
Mañá venres, 5 de abril, ás 11 h nas instalacións do Club Náutico San Telmo, na Baixada ao Embarcadoiro, terá lugar a presentación do Festival do Meixón 2019 que se celebrará do 6 ao 29 de abril en seis establecementos tudenses.
Mañá xoves, 4 de abril, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello presentarase un libro sobre o Teatro Principal editado polo Concello.
Comparecerán ante os medios de comunicación alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador tudense, Suso Vila, autor do libro.
Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o proxecto de reforma da Praza de Frómista, dentro do Plan Estatal 2013-2016 da ARI, Área de Rehabilitación Integral. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Patrimonio e Cultura, Eduardo Freiría, e os arquitectos da empresa encargada do proxecto, Dobledé Arquitectos, Antonio de Ozámiz e Jose Manuel de Marcos.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ao proxectista José de Marcos, de Dobledé arquitectos, presentaránás 11 h na sala de reunións da casa do concello o proxecto de reforma da praza de Fromista, no marco da ARI.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron hoxe a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.
A nova técnica substitúe á técnica de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9 a 14h.