O Concello de Tui financiará con cargo ao remanente de tesourería a redacción de proxectos e execución obras por importe de 216.400€
A redacción dun proxecto para a rehabilitación do Teatro Principal e outro para a adecuación do edificio de Cam-Fran na Avenida da Concordia para convertelo na sede nos Servizos Sociais Municipais e dun Centro de Día, son dúas das actuacións para as que se vén de habilitar crédito no Concello de Tui. O mércores en pleno aprobáronse sendos expedientes de modificación de créditos, con cargo ao remanente líquido de tesourería, para poder acometer de xeito inmediato tanto a redacción de proxectos coma a execución de obras cun importe que suma 216.466,04 €.





