Mañá preséntase a programación “Somos e seremos Inmarcescible”
4/03/2020
Mañá xoves, 5 de marzo, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación “Somos e seremos Inmarcescibles” coa que se vai conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez.