Unha auditoría avalía os 118 cadros de mando e os 6.400 puntos de luz do alumeado público de Tui
Nas próximas semanas o Concello de Tui contará cunha información detallada sobre cada cadro de mando e punto de luz do alumeado público e cunha serie de propostas para actuar sobre o mesmo na busca dunha maior eficiencia enerxética, cumprimento da normativa e redución da contaminación lumínica. Este será o resultado a auditoría que está a realizar a empresa 4Es, European Energy Efficiency Engineering, S.L., cun prazo de execución de 8 semanas e un investimento de 9.950€ máis IVE.





