Tui presenta dous modelos de marquesiñas deseñados para o centro urbano e as parroquias
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou esta mañá dous novos modelos de marquesiñas para instalar nas parroquias e no centro urbano coas que dar solución ás carencias detectadas deste tipo de mobiliario urbano. Os obxectivos son dotar de uniformidade a este elemento ao tempo personalizalas co nome de cada parroquia. O estudo Nam Arquitectos foi o responsable do deseño destas dúas novas marquesiñas, que segundo o exposto polo alcalde será xa a próxima corporación quen teña que contratar a súa realización e colocación.





