A Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas leves
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, manifestou hoxe en rolda de prensa a súa satisfacción a nivel político e persoal logo de que a sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o absolvera dun delito leve de ameazas, do que fóra condenado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución nº3 de Tui tras a denuncia presentada polo técnico do club Kaiak Tudense, Esteban Alonso.
Na súa sentenza a maxistrada estima o recurso presentado polo alcalde de Tui contra a sentenza do xulgado de instrución, absolvéndoo do delito. Contra esta resolución non cabe recurso.





