Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui forma parte da Red de Juderías de España

Undefined

Tui entra a formar parte da Red de Juderías de España. Así o acordou onte na súa Asemblea Xeral celebrada en Madrid esta entidade conformada por 18 municipios, que a partir de xuño estará constituída por 22 coa incorporación de Tui, Béjar, Sagunto e Lorca.  Precisamente a entrada efectiva producirase na segunda asemblea da Red a finais de xuño.

Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

Undefined

Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a  Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.

Tui súmase un ano máis á Hora do Planeta

Undefined

O Concello de Tui súmase un ano máis á celebración da Hora do Planeta promovida por WWF. Trátase dunha iniciativa posta en marcha en desenvolve esta ONG co obxectivo de loitar contra o cambio climático e perda da natureza.    Así coa Hora do Planeta WWF pretende volver mobilizar neste 2019 a máis de 7 mil cidades do mundo para demostrar o seu apoio global á acción contra o cambio climático e en favor da natureza apagando as luces dos seus principais edificios e monumentos.

Unha nova traballadora social e unha auxiliar administrativa incorpóranse ao departamento de Servizos Sociais

Undefined

Dúas novas traballadoras véñense de incorporar ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás, deron hoxe á benvida á nova traballadora Social, Luz Mª Vázquez Macías, e á nova auxiliar administrativa, Mª Jesús Lorenzo.

Unha auditoría avalía os 118 cadros de mando e os 6.400 puntos de luz do alumeado público de Tui

Undefined

Nas próximas semanas o Concello de Tui contará cunha información detallada sobre cada cadro de mando e punto de luz do alumeado público e cunha serie de propostas para actuar sobre o mesmo na busca dunha maior eficiencia enerxética, cumprimento da normativa e redución da contaminación lumínica. Este será o resultado a auditoría que está a realizar a empresa 4Es, European Energy Efficiency Engineering, S.L., cun prazo de execución de 8 semanas e un investimento de 9.950€ máis IVE.

Tui contará con tres novos policías locais a comezos de 2020

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle hoxe  a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui.  Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía