Bando recomendación transitar pola dereita nas beirarrúas - COVID19
Bando da alcaldía do 13 de maio de 2020 recomendado transitar pola dereita nas beirarrúas coma medida preventiva ante o COVID 19
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Bando da alcaldía do 13 de maio de 2020 recomendado transitar pola dereita nas beirarrúas coma medida preventiva ante o COVID 19
A Secretaría de Estado de Turismo en coordinación co Ministerio de Sanidade elaborou as guías para a redución do contaxio polo coronavirus SARS-COV-2 con especificacións de servizo, limpeza e desinfección, mantemento e xestión do risco para os diferentes subsectores do sector turístico.
Detectar e prestar atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, facilitar material de protección e coordinar a atención foron tres dos eixos sobre os que xirou o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios ao longo das últimas semanas coa crise do Coronavirus. Este departamento municipal mantivo o traballo dende a casa do concello contando co apoio continuado da Policía Local e Protección Civil.
O servizo reforzouse nas últimas semana coa contratación dunha terceira traballadora social.
O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19. O concello de Tui financia e pon en marcha esta nova ferramenta coa que adaptarse aos novos tempos e aos novos hábitos de consumo e apostado pola profesionalización e a competitividade.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro anunciou no día de hoxe ao sector hostaleiro e de restauración do municipio a exención das taxas das terrazas a todos os establecementos desde o inicio da declaración do Estado de Alarma e durante o tempo que se manteña esta situación extraordinaria. Esta decisión foi acadada no seo da corporación municipal. Esta medida acompañarase ademais, da posibilidade de ampliar os espazos ocupados polas terrazas para facilitar así o cumprimento das recomendacións de distancias entre mesas e evitar a redución da capacidade na medida do posible.
O Concello de Tui súmase ao mes de loito oficial decretado pola Xunta de Galicia, rendendo deste xeito homenaxe ás vítimas do coronavirus e as súas familias. O declaración de loito esténdese até o 31 de maio.
O Consorcio de Augas do Louro informa do segundo aprazamento do pago das taxas do sexto bimestre de 2019 con motivo da situación de alarma por coronavirus.
O Consorcio valorou os efectos económicos que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas segue a provocar especialmente nas familias e pequenos comercios, así como as limitacións que esta situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias.
O Concello de Tui traballa na posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica Local co que facer fronte as consecuencias económicas derivadas da crise provocada polo COVID-19. Consensuado por toda a corporación municipal esta actuación terá coma principal destinatarios ás empresas e as persoas autónomas do municipio.
Co inicio da desescalada o tecido empresarial e comercial terá que facer fronte a novos retos derivados da nova situación que estamos a vivir.
O Concello de Tui pon en marcha no día de hoxe a Oficina COVID a través da web municipal tui.gal. Trátase dun servizo específico de información e consultas relacionado coa actual situación derivada do estado de alarma polo COVID-19 dirixido a PEMES, autónomos e persoas traballadoras. Esta é unha medida acordada por unanimidade polos grupos municipais da corporación tudense.
O Concello de Tui suspende todos os eventos públicos culturais e deportivos, organizados polo propio concello, até o 30 de xuño. Do mesmo xeito continuarán pechadas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo, coma a biblioteca, o teatro, a sala de exposicións, e os centros culturais municipais das parroquias, mentres non se dea unha situación favorable de acordo coas recomendacións das autoridades sanidades.