Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans

15/10/2020

O Concello de Tui de Tui vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans situado en Guillarei. Os traballos consistiron no cambio da estrutura e do tellado nas doce canles máis antigas do refuxio.  En concreto foron retiradas as vellas e corroídas estruturas metálicas e o tellado de uralita. Colocáronse novas estruturas e  chapa de panel sándwich. Coa execución desta obra mellórase a seguridade tanto para os voluntarios que realizan alí os seus labores, coma para os cans que alí viven.  Ao tempo logrouse un mellor illamento térmico o que redunda no benestar dos animais.