Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago

Undefined

O próximo luns, 11 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do Concello de Tui terá lugar a presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para a nova Europa que se vai celebrar do 14 ao 16 de novembro en Tui e Valença. Está organizado polo Grupo Compostela de Universidades.

O Goberno municipal celebrará reunións en Guillarei, Randufe e Pazos de Reis a próxima semana

Undefined

A próxima semana continúan as reunións do equipo de goberno nas parroquias tudenses co obxectivo de coñecer as necesidades de cada unha delas da man dos propios veciños.  As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.  

Así o luns, 11 de novembro, a cita será na Casa Cultural de Guillarei, o xoves 14  na Casa Cultural de Randufe e o venres 15 no edificio da Macoca en Pazos de Reis. Todas as reunións serán ás 20 h.

A nova APP do Concello de Tui mellora a comunicación coa veciñanza

Undefined

O Concello de Tui presentou esta mañá a nova APP Municipal coa que cumpre dous obxectivos: achegar unha ferramenta de información da actualidade municipal á veciñanza e ao tempo pór ao seu dispor un mecanismo para, de xeito doado, trasladar suxestións, incidencias…  Así o destacaba este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, que presentou a nova APP xunto ao concelleiro de Novas Tecnoloxías Laureano Alonso.

A APP Concello de Tui está xa dispoñible, tanto para móbiles IOS como Android, de forma gratuíta.

Bandos Reunións Equipo de Goberno nas parroquias - Novembro 2019

O equipo de goberno mantén reunións coa veciñanza tudense no mes novembro de 2019
O calendario previsto é o seguinte:
  • Luns, 4 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Areas
  • Martes, 5 de novembro, ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
  • Xoves, 7 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
  • Venres, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
  • Luns, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Guillarei
  • Xoves, 14 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe

A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Undefined

Dende este xoves, 7 de novembro, a  rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade.  Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín. 

O Concello de Tui financiará con cargo ao remanente de tesourería a redacción de proxectos e execución obras por importe de 216.400€

Undefined

A redacción dun proxecto para a rehabilitación do Teatro Principal  e outro para a adecuación do edificio de Cam-Fran na Avenida da Concordia para convertelo na sede nos Servizos Sociais Municipais e dun Centro de Día, son dúas das actuacións para as que se vén de habilitar crédito no Concello de Tui. O mércores en pleno aprobáronse sendos expedientes de modificación de créditos, con cargo ao remanente líquido de tesourería, para poder acometer de xeito inmediato tanto a redacción de proxectos coma a execución de obras cun importe que suma 216.466,04 €.

O Goberno municipal celebrará reunións nas parroquias para coñecer as necesidades de cada unha delas

Undefined

O próximo luns comezan unha serie de reunións nas parroquias tudenses para tratar as necesidades de cada unha delas cos propios veciños.  As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.  Así o informa o alcalde, Enrique Cabaleiro, nos bandos nos que da conta das catro primeiras reunións.

O Programa Integrado de Emprego clausurado hoxe acadou unha inserción laboral do 68%

Undefined

Este mediodía tivo lugar no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, a Clausura do  I Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui “Tui Emprégate 2018-19”que se celebrou dende outubro do ano pasado. 

O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía