O Concello de Tui agradece as doazóns de elementos de protección que continúa a recibir
O Concello de Tui quere amosar unha vez o seu agradecemento a todas as persoas que están a facer aportacións de diverso material de protección no actual estado de alarma no que nos atopamos derivado da crise do coronavirus. Tamén a todas as persoas que están a traballar desinteresadamente na elaboración de diverso material de protección dende máscaras de protección ou mascarillas.
Na xornada de hoxe o Concello e a empresa Netcom cederon ao padeeiro Roi Rodríguez dúas bobinas de plástico para que coa súa impresora 3D poida continuar a fabricar pantallas de protección.





