Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase unha iniciativa de promoción do Camiño Portugués do comercio de Tui e de Milladoiro

15/10/2020

Mañá venres, 16 de outubro, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación dunha iniciativa de promoción do Camiño Portugués de Santiago promovida pola asociación de comerciantes Palmira Bulevar de Milladoiro e ACITUI de Tui. 

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o presidente da asociación Palmira Bulevar de Milladoiro, e o presidente e vicepresidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco e Manuel Santos.