Bando Exposición Censo Electoral 10N
Exposición do 30 de setembro ao 7 de outubro de 2019 do censo electoral de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Exposición do 30 de setembro ao 7 de outubro de 2019 do censo electoral de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro.
O Concello de Tui vén de recepcionar nos últimos días tres obras executadas ao abeiro do Plan Concello 2017 que en conxunto supuxeron un investimento de 88.500 €.
Mañá venres, 27 de setembro, celébrase na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo, a Xornada “Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos” organizada polo Concello de Tui.
No acto de inauguración participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, María José Echevarria, a concelleira de Formación e Emprego de Tui, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o vereador de Turismo de Valença, José Monte.
O programa a desenvolver é o seguinte:
Ás 9.30h Acto de inauguración
O Paseo Fluvial de Tui acolle dende mañá venres, 27 de setembro, ata este domingo, 29 de setembro, o I Tui Beer Fest, o Festival da Cervexa Artesá e Foodtruck organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, pola concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e polo presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro.
A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves, 26 de setembro, ás 20 h sesión plenaria de carácter ordinario, a nº12/2019, correspondente ao presente mes de setembro. A orde do día é a seguinte:
A) Parte resolutiva
O Concello de Tui vai realizar un diagnóstico da situación e usos do mercado municipal de Tui, situado na rúa Maristas. Así o aprobou hoxe a Mesa Local de Comercio na reunión que celebrou na casa do concello presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro.
Convocatoria Sesión 12/2019 de pleno Ordinario a celebrar o xoves, 26 de setembro de 2019
“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo. Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.
Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.
Mañá venres, 20 de setembro, ás 10 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentaranse as Xornadas “Turismo e Emprego, un futuro mellor”, que o próximo venres, 27 de setembro se van celebrar en Tui coincidindo co Día Mundial do Turismo.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.
Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados.
Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE. O foro comezou gardando un minuto de silencio en memoria das tres mulleres asasinadas onte en Valga, previo ao acto de apertura.