Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Record de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros e remeiras

Undefined

A Regata Miño Internacional rexistrará record de participación este sábado na celebración da súa corenta edición. Congregará a máis de 350 remeiros e remeiras pertencentes a 16 clubs de España e Portugal. Esta proba está organizada polo Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra,  a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Remo. 

Este mes comezan as accións formativas para o centenar de participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, deron onte a benvida ao centenar de persoas que participan no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, concedido pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.  Este programa suporá un investimento superior aos 287 mil euros financiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui. 

O Concello de Tui participa en FITUR 2020 presentando os seus recursos turísticos

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistirá a diversas presentacións, no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), nas que se promoverán os recursos turísticos da nosa cidade.

En concreto a actividade estará centrada no mércores 23 de xaneiro, cando a nosa cidade estará protagonizando as seguintes actividades:

As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ser de sentido único dende o 1 de febreiro

Undefined

A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.

Máis de 138 cidades, entre elas Tui, realizarán a Alfombra Mundial o 25 de xullo de 2021 promovida polos Alfombristas do Camiño

Undefined

A realización dunha alfombra de flores cun mesmo deseño a nivel mundial o 24-25 de xullo de 2021 é o proxecto no que traballa a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago. Ao mesmo téñense sumado xa 138 cidades, entre elas Tui.  Ser embaixadores deste proxecto é o obxectivo do convenio asinado este mediodía na casa do concello de Tui entre do presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, e do vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía