Departamentos
-
Medio Ambiente
O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural. O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.
-
O Consorcio de Augas do Louro vén de iniciar as obras de construción dunha instalación de enerxía solar fotovoltaica na EDAR de Guillarei, en Tui. Trátase dunha planta para...
-
O Consorcio de Augas do Louro vén de adquirir unha nova bomba de impulsión de auga potable e un novo motor eléctrico de alta eficiencia enerxética para renovar unha das catro...