Plan de Compostaxe
Eixo Biotrituración e Tratamento de Residuos Vexetais
Adquisición de maquinaria para a biotrituración de restos de verdes.
Proxecto para a instalación dun Punto Verde municipal onde dar o servizo de tratamento de restos de poda e restos vexetais .
Panel informativo e sinais de desvío de Punto Verde.
Eixo Compostaxe Comunitaria
Creación dun novo Centro de Compostaxe Comunitaria no centro urbano de Tui.
Remodelación e reacondicionamento dos 3 Centros de Compostaxe existentes no Concello.
Adquisición de 300 caldeiros marróns a repartir cos usuarios do servizo de compostaxe comunitaria.
4 paneis informativos de Centro de Compostaxe Comunitaria.
Eixo Compostaxe Individual
Adquisición de 300 Composteiros Individuais e ferramentas aireadoras para repartir coa cidadanía.
Eixo Campaña de Comunicación e Sensibilización
Creación da identidade do Plan de Compostaxe Municipal.
Creación de plantillas e deseños para a difusión do Plan de Compostaxe tanto nas RRSS como para a difusión de eventos en fomato físico.
Deseño de paneis informativos dos Centros de Compostaxe Comunitario.
Deseño de paneis informativos do Punto Verde Municipal.