Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

Tui incrementará en case 90 mil litros a capacidade de recollida selectiva

Undefined

O Concello de Tui reafirma a súa aposta pola reciclaxe e a recollida selectiva do lixo coa adquisición de novos contedores para illas de reciclaxe co que se incrementará en case 90 mil litros a capacidade de recollida selectiva. Grazas á novas unidades que se porán a dispor da cidadanía incrementarase en 28.800 litros a capacidade de recollida de envases lixeiros, 30 mil litros para cartón e 30 mil litros para a recollida de vidro. 

O Concello de Tui investirá case 62 mil euros na mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos dos Baños e a Igrexa en Caldelas

Undefined

O Concello de Tui vai proceder á mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos de os Baños e a Igrexa, na parroquia de Caldelas. O obxectivo dos traballos é  reparar o pavimento xa que presenta un estado moi deteriorado, e deste xeito mellor a seguridade vial na zona. Procederase á limpeza de cunetas, fresado do firme actual, reposición do pavimento, formación de cunetas e pintado da sinalización horizontal. A actuación abrangue unha superficie de 2.706 m2.

Mellorada a capa de rodadura na Gándara en Guillarei cun investimento superior aos 57 mil euros

Undefined

Ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños de Titulariedade Municipal 2023-24 da Axencia Galega  de Desenvolvemento Rural, AGADER, o Concello de Tui vén de executar a obra de Mellora da Capa de Rodadura na Gándara en Guillarei cun investimento de 57.038,95€. O 100% do investimento foi financiado pola AGADER.

Os traballos executados consistiron na limpeza de cunetas, fresado do firme existente nalgúns tramos, reposición do pavimento con novo asfaltado, formación de cunetas e pintado da sinalización horizontal xunto a outras obras accesorias.

Pechado un tramo do Paseo Fluvial fronte á praza da Estrela por seguridade

Undefined

As intensas choivas rexistradas na xornada de onte mércores, 18 de outubro, provocaron o desprazamento de preto de 50 centímetros dun dos muros das escaleiras que van dende a praza da Estrela até o Paseo Fluvial.  Por seguridade vénse de vallar o tramo do paseo fluvial situado fronte á praza da Estrela ante o risco de derrube do muro das escaleiras.

Prégase respectar o vallado ante o risco que existe na zona.

 

O Concello de Tui recibirá case 800.000€ do plan PON2030 da Deputación para a humanización de Augusto González Besada e a Corredoira

Undefined

O Concello de Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira Sur, incluíndo a praza da Inmaculada. Deste xeito, reunificarase a rúa Augusto González Besada, a praza da Inmaculada e a Corredoira nunha plataforma única.

A próxima semana serán instaladas catro novas marquesiñas en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei

Undefined

O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano. O Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a renovación e colocación destes elementos, unha actuación que será financiada con fondos propios.

Instaladas catro novas marquesiñas en Pexegueiro, Paramos e Caldelas

Undefined

O Concello de Tui vén de renovar estes días catro novas marquesiñas en tres parroquias Pexegueiro, Paramos e Caldelas. 

Esta actuación súmase á realizada o pasado mes de novembro en Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos.

Deste xeito o goberno municipal, con fondos propios, optou por renovar estes elementos ante o mal estado de conservación que presentaban moitos deles.  As novas marquesiñas foron construídas e instaladas por operarios municipais.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obras e Medio Rural