Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

Tui recibe dúas Flores de Honra no Certame Vilas en Flor 2022

Galego

O Concello de Tui foi galardoado con dúas Flores de Honra no Certame Vila en Flor 2022. Trátase da primeira ocasión na que o concello recibe esta segunda flor, unha distinción para a que o xurado valorou positivamente as actuacións en materia de compostaxe, educación ambiental e as obras de recuperación de espazos para a veciñanza.

O Concello de Tui renova as marquesiñas das paradas do transporte escolar en seis parroquias

Undefined

O Concello de Tui vén de renovar as marquesiñas nas parroquias de Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos, utilizadas polo alumnado que emprega o servizo de transporte escolar para agardar aos autobuses que diariamente os levan aos seus centros educativos.

Ante o mal estado de conservación que presentaban estes elementos, o concello decidiu levar a cabo renovación destas marquesiñas con fondos propios, sendo realizadas e instaladas polos operarios municipais.

O centro urbano de Tui transformarase cunha mobilidade amable para as persoas, mellorando a accesibilidade e a estética

Undefined

Antes de finais de ano está previsto o inicio das obras nas rúas Augusto González Besada e Lugo dentro do proceso de transformación do centro urbano tudense cara unha mobilidade amable coas persoas, mellorando a accesibilidade e a estética. Estás actuacións están tamén en liña cos obxectivos fixados no Plan de Acción da Axenda Urbana e coa Axenda 2030.

O Concello de Tui construíu unha nova rampla de acceso para o parque do CEIP Guillarei

Galego

O CEIP de Guillarei ten sido obxecto tamén ao longo das últimas semanas de diversas obras de mellora dentro das actuacións que o concello de Tui está a realizar nos centros educativos con fondos propios.

As obras executadas neste centro de Guillarei este verán consistiron na construción dunha nova rampla de acceso para o parque público que se atopa a carón do edificio, e tamén se procedeu ao pintado de aulas, así como de lixado e tamén pintado de pasamáns nas zonas comúns do centro  educativo.

O Concello de Tui acomete obras nos centros escolares do municipio

Undefined

O  Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos intentando dar resposta as necesidades dos oito centros, incluídas as 5 unidades do C.R.A distribuídas nas parroquias. A concellería de Ensino, cunha partida inicial de 50.000€, levou adiante melloras de mantemento e conservación en todos os centros do noso municipio.

O Concello de Tui reformará o Pantalán de Pescadores na desembocadura do Tripes con cargo a fondos europeos

Undefined

O Pantalán de Pescadores de Tui, situado nas inmediacións do Centro Interfederado de Tui,  na desembocadura do río Tripes vai ser reacondicionado e remodelado dentro do proxecto “Río Miño: un destino navegable”aprobado polo programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). As obras foron adxudicadas a empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €

Rematadas as obras de mellora da capa de rodadura do vial O Calvario-Baños en Caldelas

Undefined

Está xa rematada a obra de mellora da capa de rodadura no vial que une os lugares de O Calvario e Baños na parroquia tudense de Caldelas.  

Os traballos, que abrangueron unha superficie de 1.980 m2, consistiron na limpeza das cunetas, fresado do firme existente, reposición do pavimento e tapas de saneamento, pintado da sinalización horizontal e obras accesorias. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obras e Medio Rural