Saen a licitación as obras de apertura da rúa Ourense por importe de 314 mil euros
O Concello de Tui sacou a licitación as obras de apertura da prolongación da rúa Ourense en sentido sur. O orzamento base de licitación ascende a 314.310,01 euros e o prazo de execución é de 4 catro meses. As obras realizaranse conforme ao proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya en maio de 2016. As empresas interesadas teñen ata o 23 deste mes de xullo ás 23.59 h para presentar as súas ofertas.