Tui reforza a iluminación nas rúas do centro urbano
En total substituíronse focos en 84 luminarias con tecnoloxía led ampliando a potencia dos mesmos co que se mellora a iluminación.
O Concello de Tui vén de reforzar a iluminación en diversas rúas do centro urbano da cidade dando resposta á demanda da veciñanza deste zona. En total, substituíronse 84 puntos de luz nas rúas Rosa Bahamonde, Foxo, travesía Foxo, en todo o Paseo da Corredoira e na rúa Ordóñez.
Na zona da rúa Calvo Sotelo, o Paseo da Corredoira, e tamén na contigua rúa Ordóñez substituíronse 50 luminarias para mellorar a intensidade da luz emitida. Deste xeito, cambiáronse equipos de 10 vatios de potencia con tecnoloxía led por outros de 60 vatios tamén de tecnoloxía led en cada unha das farolas destas céntricas rúas.
Asemade, na zona das rúas Rosa Bahamonde, Foxo e travesía Foxo actuouse en 34 farolas nas que se cambiaron os focos de 23 vatios e tecnoloxía led por outras da mesma tecnoloxía de 76 vatios.
Con esta actuación o Concello de Tui satisface a demanda feita pola veciñanza ao tempo que a cumprir os máis altos estándares de aforro enerxético nos equipamentos luminarios do municipio.