Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

Corte programado na tubaxe de abastecemento á parroquia de Areas dende o luns 21 ás 23 h até o martes 22 ás 7 h

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro informa da realización dun corte de subministro da tubaxe principal de fundición de 450 mm de diámetro que abastece ao polígono de Areas, á parroquia de Areas e aos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, programado para o vindeiro luns 21/06/21 a partires das 23:00 horas e ate o martes 22/06/21 ás 07:00 horas.

Rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro

Undefined

Está rematada a primeira fase da humanización da rúa Loureiro consistente no asfaltado do vial e a colocación de pasos de peóns elevados e redutores de velocidade.  Estas obras supuxeron un investimento de 93.877,84 euros, financiados integramente ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra. 

O goberno municipal está traballando xa na segunda fase de humanización da rúa que consistirá na ampliación das beirarrúas, para favorecer así a mobilidade dos peóns, e garantir a seguridade dos mesmos. 

Quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Undefined

Nas últimas semanas quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui tras ser contratadas grazas á achega da liña 3 de “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais” do Plan de Obras e Servizos-Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

A incorporación aos seus postos de traballo tense realizado de xeito escalonado ao longo das últimas semanas.

A nave municipal de Guillarei estrea novos vestiarios e aseos

Undefined

O persoal que traballa dende a nave municipal de Guillarei, no Concello de Tui, vén de ver mellorado este espazo tras un investimento de máis de 60.200 euros que serviu para realizar un acondicionamento interior e a reforma integral dos vestiarios-aseos. As obras foron visitadas hoxe polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, acompañados do deputado de Cooperación, Santos Héctor.

Nos próximos días comezarán as obras de acondicionamento dunha ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro

Undefined

Nos próximos días darán comezo as obras de acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro. O Concello de Tui adxudicou as obras por importe de 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación.

A actuación proxectada abranguerá case 1,5 quilómetros dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404.  Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.

O Concello de Tui humanizará a travesía de San Domingos destacando o seu patrimonio histórico coma a vía romana

Undefined

O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos. 

Visita mañá ás obras realizadas nos vestiarios da nave municipal en Guillarei

Galego

Mañá xoves, 25 de marzo, ás 11 h, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado provincial, Santos Héctor, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, visitarán as obras realizadas nos vestiarios de operarios da nave municipal de Guillarei, dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Tui reinviste unha baixa do Plan Concello nun tanque e chafariz de combustible co software de control

Undefined

O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.

En concreto trátase dun tanque e chafariz de combustible (gasóleo) de dobre mangueira, con capacidade de 10.000 litros, que se colocou na nave municipal de Guillarei. Tamén se adquiriu o software e material necesario para o control eficiente do consumo do gasóleo.

O Concello de Tui executou a demolición das antigas oficinas de Cam-Fram na avenida da Concordia logo de acadar un acordo coa propiedade

Undefined

A edificación, sita na avenida da Concordia, un dos principais viais de acceso a Tui, levaba máis de trinta anos nunha situación de estado ruinoso. Estaba composta de dúas unidades físicas, unha xa estaba derrubada parcialmente e a outra aínda se mantiña intacta pero tamén xeraba moito feísmo na zona e tamén atopábase en estado de semiruina.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obras e Medio Rural