Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

A exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui chega o próximo luns a Plasencia

Undefined

Plasencia acollerá dende o próximo luns 26 de outubro e até o 11 de novembro a exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui.  A mostra puido visitarse anteriormente no Centro Sefarad-Israel de Madrid e nas cidades de Llerena e Ávila. Agora continúa a súa itinerancia achegándose á cidade de Plasencia, Cáceres, que forma parte, como Tui, da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.

Éxito de participación nas actividades da programación do Setembro Xudeu

Undefined

A concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, quere expresar a súa satisfacción polo éxito de participación social acadado nas actividades programadas ao longo do pasado mes de setembro para a promoción e difusión do patrimonio e legado vinculados ás comunidades xudías e criptoxudías radicadas en Tui ao longo dos séculos agrupadas baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui”.

A conferencia da investigadora Wanda Teplistky pecha a programación do Setembro Xudeu en Tui

Undefined

Mañá martes, 29 de setembro, ás 20.00 horas, a igrexa de San Domingos acollerá a conferencia titulada “Vida judía en Galicia: patrimonio y legado” a cargo da investigadora  Wanda Teplitsky. Este acto pechará o programa de actividades promovido polo Concello de Tui ao longo deste mes de setembro para a promoción do legado xudeu e criptoxudeu na cidade tudense.

Tui avanza na recuperación do patrimonio municipal coa rehabilitación do antigo edificio dos Xulgados da Praza da Inmaculada

Undefined

O Concello de Tui continúa avanzando na recuperación e posta en valor do patrimonio municipal coa finalización da primeira fase da intervención no antigo edificio dos Xulgados da Praza da Inmaculada, un inmoble de singular valor arquitectónico que o Concello está a recuperar por fases para incorporalo plenamente ao patrimonio público útil da cidade.

Javier Bona presenta en Tui “Las llaves de Sefarad: el misterio del legado”

Undefined

Este xoves, 24 de setembro, ás 20 h o Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela, acollerá a presentación da novela “Las llaves de Sefarad: el misterio del legado” un trepidante thriller histórico e de misterio escrito por Ignacio Javier Bona López, arqueólogo e historiador, que entrelaza o pasado medieval de España cunha conspiración na actualidade.

Visita guiada polo patrimonio xudeu e criptoxudeu de Tui este domingo

Undefined

Este domingo, 13 de setembro, haberá unha nova cita dentro da programación de actividades do “Setembro xudeu en Tui”. Será unha nova visita guiada cun percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos. Comezará ás 11.30 h na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.

O Concello de Tui participa na 70ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España

Undefined

O Concello de Tui participa hoxe xoves e mañá venres na 70ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad. Esta reunión que se celebra trimestral celebrarase en Melilla abordando aspectos clave e propostas e iniciativas futuras centradas na defensa e promoción do legado cultural e turístico sefardí.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico