Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Suspendidos os eventos públicos culturais e deportivos até o 30 de xuño

28/04/2020

O Concello de Tui suspende todos os eventos públicos culturais e deportivos, organizados polo propio concello, até o 30 de xuño. Do mesmo xeito continuarán pechadas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo, coma a biblioteca, o teatro, a sala de exposicións, e os centros culturais municipais das parroquias, mentres non se dea unha situación favorable de acordo coas recomendacións das autoridades sanidades.

Así o expón o alcalde, Enrique Cabaleiro, nunha resolución na que se explica que ante a emerxencia sanitaria provocada polo virus COVID 19 e a prórroga do Estado de Alarma, cómpre seguir adoptando medidas de prevención e loita contra o COVID-19.  Engade que ante a incertidume existente sobre a evolución da emerxencia sanitaria, e tendo en conta a antelación coa hai que organizar eventos culturais ou deportivos adóptase a decisión destas actividades até o 30 de xuño.