Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui mellorará a vía e acceso á Praia Fluvial Areeiros na Veiga do Louro

8/09/2021

A actuación contempla o acondicionamento da vía, mantendo o seu percorrido e a súa intersección coa senda peonil Tui-Caldelas. O plazo de execución é de mes e medio.

A Praia Fluvial Areeiros na Veiga do Louro verá mellorada o seu vial de acceso de acceso ao areal a través dunha intervención que abarcará a superficie completa do camiño e que foi adxudicada a empresa Construcciones Castro Figueiro SLU por importe de 159.226,22€, IVE incluido. O foco da actuación busca o acondicionamento da vía, mantendo o seu percorrido e a súa intersección coa senda peonil Tui- Caldelas. O plazo de execución das obras é de mes e medio.

Para levar a cabo este proxecto na zona será necesario acondicionar a pavimentación da vía co obxectivo de mellorar tamén a seguridade vial para peóns fronte ao tráfico rodado. Ademais a intervención inclúe a habilitación dun terreo próximo a praia como espazo de aparcamento para vehículos, e a instalación dunha rede subterránea de baixa tensión e alumeado público.

O fío condutor dos traballos é o uso de pezas de ladrillo cerámico. Atendendo ás necesidades puntuais do percorrido, esta liña condutora transfórmase ou dispersa para acentuar os cambios de uso e circulación. Exponse como engadido diferenciador un cambio de pavimento entre os dous tipos de circulación (rodada e peonil).

No tramo rodado renovarase o pavimento de aglomerado asfáltico e formarase un pavimento de formigón para o tráfico peonil. Debido ao ancho útil da vía proxéctanse zonas como aliviadoiros para os vehículos, facilitando o movemento en ambas as direccións.