Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui renova as marquesiñas das paradas do transporte escolar en seis parroquias

17/11/2022

O Concello de Tui vén de renovar as marquesiñas nas parroquias de Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos, utilizadas polo alumnado que emprega o servizo de transporte escolar para agardar aos autobuses que diariamente os levan aos seus centros educativos.

Ante o mal estado de conservación que presentaban estes elementos, o concello decidiu levar a cabo renovación destas marquesiñas con fondos propios, sendo realizadas e instaladas polos operarios municipais.

O obxectivo do goberno municipal é continuar a renovación das marquesiñas nas parroquias restantes, co obxectivo de completar a substitución destes elementos antes do inicio do novo ano.