Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro inicia as obras de renovación de equipos de dosificación de reactivos da potabilizadora de Tui

7/03/2022

O Consorcio de Augas do Louro iniciou este luns as obras de renovación de equipos de dosificación de reactivos na potabilizadora de As Chans, en Tui.

As obras comprenden a demolición e retirada dos equipos e depósitos de almacenamento obsoletos, o acondicionamento completo do edificio onde se instalarán os novos depósitos de hipoclorito, coagulante e floculante e a instalación das novas bombas de axitación e dosificación destes reactivos, necesarios para levar a cabo o proceso de purificación e potabilización da auga captada no río Miño.

 As obras permitirán ao Consorcio dispoñer dunhas instalacións que garantan en todo momento a calidade da auga potabilizada e que darán cumprimento á normativa vixente sobre almacenamento de produtos químicos.

O investimento contemplado para a execución destas obras ascende a 93.14,54 € e será financiado con recursos propios do Consorcio. Deste xeito dáse continuidade ás obras de grande renovación levadas a cabo polo Consorcio entre os anos 2014 e 2018 nesta potabilizadora municipal, por valor de 207.909,78 €, e que permitiron naquel momento renovar o material filtrante, substituír a calderería deteriorada por novas canalizacións de aceiro inoxidable, renovar completamente o sistema pneumático de apertura e peche de válvulas e actualizar e completar o sistema informático de telecontrol da planta.

O importe total dos investimentos levados a cabo polo Consorcio no Concello de Tui dende 2014 ascende a preto de 535.000 €.