Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O labor do día a día nas pequenas obras que son precisas no termo municipal, algunhas delas de reparación e mantemento e outras novas, precisan dunha actuación constante e planificada. Este é o labor da concellería de Obras e Medio Rural que coordina estes dous departamentos. 

O Concello de Tui reforza a coordinación para a prevención e actuación ante incendios forestais

Undefined

O Concello de Tui reforza a coordinación para a prevención e actuación fronte aos incendios forestais.  Con este obxectivo,  esta semana, celebrouse unha reunión de traballo, no salón de sesións da casa do concello, que contou coa participación do alcalde, Enrique Cabaleiro, que interrompeu as súas vacacións para asistir á reunión, da alcaldesa en funcións, Ana Núñez, dos concelleiros Rafael Estévez e Sonsoles Vicente, persoal técnico municipal, representantes da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e das comunidades de montes tudenses. 

Tui incrementará en case 90 mil litros a capacidade de recollida selectiva

Undefined

O Concello de Tui reafirma a súa aposta pola reciclaxe e a recollida selectiva do lixo coa adquisición de novos contedores para illas de reciclaxe co que se incrementará en case 90 mil litros a capacidade de recollida selectiva. Grazas á novas unidades que se porán a dispor da cidadanía incrementarase en 28.800 litros a capacidade de recollida de envases lixeiros, 30 mil litros para cartón e 30 mil litros para a recollida de vidro. 

O Concello de Tui investirá case 62 mil euros na mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos dos Baños e a Igrexa en Caldelas

Undefined

O Concello de Tui vai proceder á mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos de os Baños e a Igrexa, na parroquia de Caldelas. O obxectivo dos traballos é  reparar o pavimento xa que presenta un estado moi deteriorado, e deste xeito mellor a seguridade vial na zona. Procederase á limpeza de cunetas, fresado do firme actual, reposición do pavimento, formación de cunetas e pintado da sinalización horizontal. A actuación abrangue unha superficie de 2.706 m2.

Mellorada a capa de rodadura na Gándara en Guillarei cun investimento superior aos 57 mil euros

Undefined

Ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños de Titulariedade Municipal 2023-24 da Axencia Galega  de Desenvolvemento Rural, AGADER, o Concello de Tui vén de executar a obra de Mellora da Capa de Rodadura na Gándara en Guillarei cun investimento de 57.038,95€. O 100% do investimento foi financiado pola AGADER.

Os traballos executados consistiron na limpeza de cunetas, fresado do firme existente nalgúns tramos, reposición do pavimento con novo asfaltado, formación de cunetas e pintado da sinalización horizontal xunto a outras obras accesorias.

Pechado un tramo do Paseo Fluvial fronte á praza da Estrela por seguridade

Undefined

As intensas choivas rexistradas na xornada de onte mércores, 18 de outubro, provocaron o desprazamento de preto de 50 centímetros dun dos muros das escaleiras que van dende a praza da Estrela até o Paseo Fluvial.  Por seguridade vénse de vallar o tramo do paseo fluvial situado fronte á praza da Estrela ante o risco de derrube do muro das escaleiras.

Prégase respectar o vallado ante o risco que existe na zona.

 

O Concello de Tui recibirá case 800.000€ do plan PON2030 da Deputación para a humanización de Augusto González Besada e a Corredoira

Undefined

O Concello de Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira Sur, incluíndo a praza da Inmaculada. Deste xeito, reunificarase a rúa Augusto González Besada, a praza da Inmaculada e a Corredoira nunha plataforma única.

A próxima semana serán instaladas catro novas marquesiñas en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei

Undefined

O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano. O Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a renovación e colocación destes elementos, unha actuación que será financiada con fondos propios.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obras e Medio Rural