Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O cambio climático, a enerxía e a contaminación mariña centran mañá as actividades do programa do Día Mundial do Medio Ambiente

10/06/2021

Mañá venres, 11 de xuño, proseguen os actos organizados polo Concello de Tui para celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que comezaron a semana pasada. 

A Sala Municipal de Exposicións acollerá o programa de actividades previsto. 

Ás 16.30 h será inaugurada a mostra “Adaptación: a outra cara do cambio climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM.  Ás 17 h no anexo da sala Títeres en Tu casa representará a obra  “Operación Plancton” na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños. Vai dirixida a público infantil. 

Ás 19 h baixo o título de “Enerxía e Clima” terá lugar unha charla obradoiro sobre “Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica” e proxectarase o documental “We the power” sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa. 
O programa remata o sábado, 19 de xuño, de 11 a 14 h está prevista a actividade “O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” na Sala Municipal de Exposición.  Comezará ás 11 h coa proxección do documental “En todas as mans” e ás 13 h coa charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal. 
 

Ver programa Día Mundial do Medio Ambiente