Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A xestión das comunidades de montes centra o sábado o programa de actividades do Día Mundial do Medio Ambiente

17/06/2021

O próximo martes haberá un espectáculo teatral de monicreques para público infantil

O Concello de Tui continúa esta fin de semana, cun documental e un coloquio sobre as comunidades de montes e a xestión forestal, o programa de actividades que puxo en marcha este mes para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente coa colaboración das concellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Educación.

“O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” é o título da actividade prevista este sábado de 11 a 14 h na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Comezará coa proxección do documental “En todas as mans” dirixido por Diana Toucedo. No mesmo reflíctese distintas experiencias de xestión do monte en man común en Galicia e Portugal. Ás 13 h coa charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.

Amais o martes, 22 de xuño, ás 20 h, Títeres en Tu Casa presenta o espectáculo teatral “Operación Plancton” na Sala de Exposicións. Trátase dunha obra de monicreques sobre o plancton e a problemática dos microplásticos no mar dirixida a nenas e nenos dende os 3 anos.  A entrada é gratuíta pero é preciso inscrición previa no correo compostaxe@tui.gal ou no teléfono 687 24 99 53.