Reforestacións en Randufe e Areas co gallo Día da Árbore
Con motivo da celebración do Día da Árbore este xoves, 21 de marzo, a concellería de Medio Ambiente promove a reforestación de diferentes espazos municipais.
A primeira actuación levarase a cabo en colaboración co CEIP de Randufe e a Comunidade de Montes de Randufe este xoves 21 e a segunda actuación será o venres 22 en colaboración co CRA de Areas.