Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Roteiro Ilustrado Camiñando con elas

O roteiro turístico ilustrado “Camiñando con elas” que da a coñecer a coñecer a vida e achega de diferentes mulleres de Tui que deixaron a súa pegada na historia local. Este roteiro, que contou con financiamento da Consellería de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte dun proxecto moito mais ambicioso que se presentará proximamente denominado “A Tui das mulleres. A historia non contada”.

A lectura do manifesto e a presentación do roteiro “Camiñando con elas” centra mañá a conmemoración do 8M en Tui

Undefined

O Concello de Tui conmemora mañá o Día Internacional da Muller, 8M, coa lectura do manifesto institucional e a presentación do roteiro “Camiñando con elas”.  O lema deste ano é “Dereito a estar, dereito a achegar”.

“Dereito a estar, dereito a aportar” lema do concello de Tui para conmemorar o 8M

Undefined

O Concello de Tui ten en marcha un amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M.  Unha programación especial que se suma á realizada ao longo do ano con actividades de xeito transversal con perspectiva de xénero coma se reflicte no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

Escape Room Estrelas

APRAZADO debido á previsión de choiva

O domingo 13 de marzo, ás 11 h con punto de inicio na Praza de San Fernando celebrarase experiencia de escapismo feminista "Estrelas"

Esta actividade, organizada pola Concellería de Igualdade coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui, forma parte do programa organizado entorno ao 8M, Día Internacional das Mulleres.

A escape room “Estrelas” celebrarase o domingo 13 de marzo dentro dos actos do 8M

Undefined

“Estrelas” é o nome da experiencia de escapismo feminista que se celebrará en Tui o vindeiro domingo 13 de marzo, ás 11 h dende a Praza de San Fernando.

Esta actividade, organizada pola Concellería de Igualdade coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui, forma parte do programa organizado entorno ao 8M, Día Internacional das Mulleres.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Igualdade