Campamentos de Nadal 2022 - Bases
Campamentos de Nadal 2022 - Bases
Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Campamentos de Nadal 2022 - Bases
A Sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez acolle este sábado, 3 de decembro, dende ás 10 h as II Xornadas Técnicas de Igualdade e Comunicación. Con esta actividade forma parte do programa organizado dende o concello de Tui con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, e do programa Maruxa Mallo.
Sábado, 3 de decembro, na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez
10:00 h. Benvida ás e ós participantes.
A Sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez acolle este sábado, 3 de decembro, dende ás 10 h as II Xornadas Técnicas de Igualdade e Comunicación. Esta actividade forma parte do programa organizado dende o concello de Tui con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, e do programa Maruxa Mallo.
O anexo da Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, acolle hoxe martes, 29 de novembro, ás 19:00 h a conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao só si é si”. Correrá a cargo de Laura Seara, avogada, deputada e exsecretaria de estado de Igualdade.
Esta actividade forma parte do programa organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, con motivo do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
O edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada acolleu esta tarde o acto conmemorativo do #25.
Cun peza chea de simbolismo "Desalento" a actriz e dramaturga Mónica Sueiro foi a encargada de abrir a actividade.
A continuación Belén Romero, profesora e coordinadora da Biblioteca do IES San Paio, deu lectura a unha carta que da voz a todas aquelas mulleres que non son quen de berrar o que lles pasou ou o que lles está a pasar.
Mañá venres, 25 de novembro, ás 19 h terá lugar no interior do edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada, o acto conmemorativo do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Este é o acto central do programa elaborado pola concellería de Igualdade centrado este ano na educación. No mesmo romperanse as barreiras da comunicación xa que se contará cunha persoa intérprete de lingua de signos grazas á colaboración establecida con FAXPG, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
Dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista é o obxectivo da mesa redonda que se vai celebrar martes, 22 de novembro, ás 19 h na sala prensa, no primeiro andar do edificio Francisco Sánchez dentro do programa de actos do 25N. Baixo o título de “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos.
Mañá martes, 22 de novembro, ás 11.00 horas españolas, no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, terá lugar a presentación da VI Urban Trail Night Eurocidade, carreira nocturna organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A Urban Trail Night eurocidade celebrarase este sábado, 26 de novembro, a partir das 20.30 horas, con saída dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Para a Erradicación da Violencia contra a Muller, elaborouse o seguinte programa de actividades
Programa
Dando voz aos nenos e nenas para coñecer a súa mirada sobre un tema tan importante coma a violencia de xénero, no pleno infantil celebrado onte venres, comezou o programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional para a erradicación da Violencia Contra a Muller.