Publicada a listaxe de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán Igual É +
20/06/2022
Está xa publicada a Listaxe de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán Igual É +.
Cada persoa participante admitida:
- Deberá solicitar ata as 14.00 horas do día 23/06/2022 a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:
- Presencialmente no departamento de tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a.
- Por enderezo electrónico cobros@tui.gal, indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa., ademais do nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a
- Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o día 23 de xuño
- Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN, ata o día 23/06/2022.
- Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER, ata o día 23/06/2022.
- En efectivo, na Caixa do Concello de Tui sita nas dependencias do departamento de Tesourería, ata as 14.00 horas do día 23/06/2022.
- O importe por participante é:
- 1ª Quenda – do 27 de xuño ao 1 de xullo – 15,28€
- 2ª Quenda – do 4 ao 15 de xullo – 30,56€
- 3ª Quenda – do 18 ao 29 de xullo – 30,56€
A persoa admitida que o día 24 de xuño non fixera o ingreso da cada quenda, será dada de baixa.