FIAR 2022
Na fin de semana do 22 ao 24 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá a segunda edición do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa.
Venres, 22 de xullo
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
Na fin de semana do 22 ao 24 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá a segunda edición do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa.
Venres, 22 de xullo
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.
O río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana primeira das tres probas do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Participarán pilotos galegos, entre eles o vigués Keko Pereira, cataláns, andaluces e o inglés Cristian Burguess. As outras dúas probas celebraranse en Tarragona e Jeréz de la Frontera.
Este xoves, 26 de maio, ás 20.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da nova obra da escritora de Valença, María José Areal, titulada “No Chão do Caminho – Contos”.
Nesta nova obra, recentemente editada, a autora vai camiñando “na memoria e travessuras, aliciamentos, lamentos, esplendores e alforrias”. “No Chão do Caminho – Contos” está formado por 21 contos “a falar dos homes e das mulleres, do río e da serra, de pobreza e da miseria, de solidariedade e do amor, por enriba de todo, fala da vida”.
O domingo 29 de maio vaise celebrar a IV Carreira de Orientación Eurocidade Tui-Valença. Haberá unha carreira en Tui e outra en Valença. Poderase participar en ambas ou nunha. A inscrición está aberta até o 25 de maio.
Esta fin de semana celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui o Trail do Aloia, un evento que forma parte do calendario de probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença e do Pontevedra Trail League. Máis de 500 persoas participarán nesta actividade na que o sábado pola tarde competirán as categorías infantís e xa o domingo as categorías absolutas.
Maña martes, 3 de maio, ás 11 h, nas instalacións da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia, terá lugar a presentación do Trail do Aloia 2022. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase esta fin de semana, o sábado 7 e o domingo 8.
Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non faltarán á cita os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.
O sábado, 30 de abril celébrase o XII Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade.
A proba está organizada polo Motoclub Randufe e a Liga Galega de Moto de Campo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Motociclismo. Este evento forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade e confinanciado polo programa operativo Interreg Valença-Tui,
A Eurocidade Tui-Valença promociona o Camiño Portugués da Costa dende Porto ata Tui cunha camiñada, en 5 etapas, que se van realizar dende Porto a Tui, entre o 21 de maio e o 9 de xullo. Esta actividade forma parte das Andainas da Eurocidade Tui-Valença que comezan esta fin de semana
A participación está limitada a 50 persoas e ten un prezo de 12 euros por etapa, incluíndo o transporte até o punto de partida, seguro, auga e froita.