X Eurocidade BTT
O domingo, 12 de marzo, vaise celebrar a X Eurocidade BTT organizada polo club Biciosos. A inscrición para participar está xa aberta en www.biciosos.gal.
Esta proba forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença.
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
O domingo, 12 de marzo, vaise celebrar a X Eurocidade BTT organizada polo club Biciosos. A inscrición para participar está xa aberta en www.biciosos.gal.
Esta proba forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença.
Dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença vaise celebrar entre o 16 de abril e o 26 de novembro de 2023 o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade organizado polo club AndaTui Rego da Pedra e o club Celtas do Minho.
A Eurocidade Tui-Valença presentou este mediodía o seu Calendario Deportivo da Eurocidade 2023 con máis dunha decena de probas deportivas de múltiples disciplinas que se celebrarán ao longo deste ano e grazas a colaboración dos dous municipios transfronteirizos.
A primeira cita deste calendario será esta mesma fin de semana co Trail do Aloia, unha proba clásica que tamén servirá de inicio para a Pontevedra Trail League.
A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario cun concerto no Teatro Municipal de Tui. Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h ES.
O violinista Eliseu Silva ofrecerá o concerto ’24 caprichos fadistas’ nunha velada de unión entre ambas cidades - e ambos países- e de viaxe pola cultura portuguesa, nunha exaltación do Fado como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
A Eurocidade Tui-Valença asinará mañá en Lisboa o Acordo de Constitución da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. O alcalde, Enrique Cabaleiro, viaxará até a capital lusa para estar presente no acto de sinatura de dito Acordo, que foi concertado no pasado cumio luso-español.
Tui e Valença volverán a celebrar este xoves 5 de xaneiro a súa Cabalgata Internacional da Eurocidade. Trátase do único caso de cabalgata internacional entre España e Portugal e este ano celebrará a súa 12ª edición con 3 quilómetros e medio de percorrido.
Deste xeito, os Reis Magos de Oriente visitarán as rúas de ambos municipios, con saída dende a cidade portuguesa e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui preto das 19h para recibir aos máis pequenos que queiran pedir os últimos desexos.

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario ilustrado con diferentes lugares das dúas cidades pintados polo artista portugués Antonio Nunes. Baixo o lema ‘A Eurocidade Tui-Valença non se sente, vívese!’ recóllense os principais monumentos e lugares emblemáticos das cidades para este calendario do 2023.
Tui e Valença volverán a celebrar este xoves 5 de xaneiro a súa Cabalgata Internacional da Eurocidade. Trátase do único caso de cabalgata internacional entre España e Portugal eeste ano celebrará a súa 12ª edición con 3 quilómetros e medio de percorrido.
Deste xeito, os Reis Magos de Oriente visitarán as rúas de ambos municipios, con saída dende a cidade portuguesa e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui preto das 19h para recibir aos máis pequenos que queiran pedir os últimos desexos.
A Eurocidade Tui-Valença celebrará o Nadal cun concerto no que volve tender pontes musicais entre os dous municipios. Nesta ocasión será o venres, 23 de decembro, ás 21.30 h ES, no Teatro Municipal, nun evento musical titulado “Maxicamente” no que se propón unha viaxe musical na procura da maxia de todos levamos dentro.