Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto de presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença

19/09/2022

O Teatro Municipal de Tui acollerá  este mércores, 21 de setembro, ás 12.30 h, a presentación pública da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença, coincidindo co Día da Cooperación Europea. O evento estará presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, asistindo diversos axentes públicos, privados e do terceiro sector que durante os últimos meses participaron na elaboración da Estratexia. Durante o acto, o equipo consultor encargado da elaboración da Estratexia debullará os resultados obtidos. 

O programa previsto é o seguinte: 

  • 12:30 h Benvida e apertura oficial
    • Xosé Lago García, coordinador POCTEP Xunta de Galicia
    • Enrique Cabaleiro González, alcalde de Tui
    • José Manuel Carpinteira,presidente da Câmara Municipal de Valença
  • 13:00 h Presentación-Resumo da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença. "Visión de Futuro"
    • Óscar Blanco Somoza, consultor HIDRIA (Ciencia, Ambiente e Desenrolo)
    • Rolda aberta para intervencións do público
  • 13:25 h Presentación e lanzamento da Plataforma de Xestión de Servizos Compartidos Eurocidade Tui-Valenca
    • Luís Leite, Waveform
  • 13:55 h Proxección do vídeo promocional Eurocidade
  • 14:00 h Peche a cargo das autoridades presentes